Benvidos a Auga de Galicia

TurGalicia

O CLÚSTER DO AUGA MINERAL E TERMAL DE GALICIA

Galicia é unha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais e, en consecuencia, con maior tradición no seu uso como augas de bebida envasada e en balnearios. Este feito, unido á repercusión social e económica que nas últimas décadas están a ter as augas minerais e termais, posibilita que Galicia sexa considerada como a terra da auga.

 

Actualmente, o número de mananciais existentes en Galicia é superior a 300 (hai máis de 2000 en España), o que deu lugar a unha industria moi activa vinculada á explotación de augas minerais, con 10 plantas de envasado de auga mineral natural (100 en España) e 21 balnearios (115 en España). Unha particularidade destas industrias é que están a crear riqueza en zonas do interior de Galicia, na súa maior parte en zonas rurais con tendencias similares —despoboación, baixa renda per cápita e presenza dunha estrutura produtiva con predominio do sector primario...—, xa que polas características do recurso non poden deslocalizarse e deben instalarse nos mesmos lugares de captación do acuífero.

 

Sobre a base deste potencial, constituíuse no ano 2011 o Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia, impulsado pola Asociación Galega da Propiedade Balnearios (Balnearios de Galicia) e pola Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (Agamin), e que contou co apoio da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

 

O Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída baixo a filosofía dos clústeres de actividades empresariais, e que ten por obxectivo lograr a unión, cooperación, integración e apoio do conglomerado de empresas e axentes relacionados coas actividades empresariais nucleares ligadas ao recurso auga mineral e termal que actúan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Descarga nuestra App

App Android App iPhone

Acuíferos de Galicia

Envasadoras

Localizaciones de manantiales
de Perímetros de Protección

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Ortofotos
vuelo de dron

Aplicación de visualización comparativa de fotos aéreas con geoposición sincronizada.
Herramienta de ayuda al control de los perímetros de protección de los balnearios de agua minero medicinal y los manantiales de agua mineral natural.

  • Vía Láctea Comunicación

    A aplicación “Auga de Galicia”, para smartphones e en galego, presentouse en Termatalia

    26/12/2019

    Santiago de Compostela-Ourense, 19 de setembro de 2019 (Vía Láctea Comunicación).- O Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia participa esta semana en Ourense en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que este ano cumpre a súa 19ª edición. O Clúster, que conta cun stand na feira, presentou esta mañá a aplicación en galego para smartphones “Auga de Galicia”, desenvolta en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

     

    Tal como explicou o xerente do Cl&uac

    +
  • AGAMIN

    ¡Aprender a hidratarse cando facemos exercicio! - Coidar o camiño, responsabilidade de todos.

    23/12/2019

    +
  • Os balnearios e as augas minerais galegas presentan esta semana a súa oferta en Brasil, no marco de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal

    Vía Láctea Comunicación

    08/10/2018

    Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018 (Vía Láctea Comunicación).- O Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia participa esta semana en Brasil -na localidade de Foz do Iguaçu- en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que este ano cumpre a súa 18ª edición. Neste foro mundial de termalismo danse cita expertos procedentes de máis de vintecinco países. A finalidade é impulsar o mercado do turismo termal, ao tempo que se establecen vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e o americano.

     

    O Clúster co

    +

Ver más Noticias

Lexislación

  • Directiva 2009/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009, sobre explotación e comercialización de augas minerais naturais

    Directiva 2009/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009, sobre explotación e comercialización de augas minerais naturais

    +
  • Real Decreto Lei do 25 de abril de 1928 polo que se aproba o Estatuto da Explotación de mananciais de augas mineiro-medicinais

    Real Decreto Lei do 25 de abril de 1928 polo que se aproba o Estatuto da Explotación de mananciais de augas mineiro-medicinais

    +
  • Lei 22/1973, de 21 de xullo, de minas

    Lei 22/1973, de 21 de xullo, de minas

    +
  • Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembre, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano

    Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembre, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano

    +
  • Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 400/1996, do 31 de outubro, polo que crea o Portelo Único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial

    Decreto 400/1996, do 31 de outubro, polo que crea o Portelo Único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial

    +
  • Decreto 401/1996, do 31 de outubro polo que se crea a Comisión Coordinadora de axudas a establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial, e se regula a súa composición e funcións

    Decreto 401/1996, do 31 de outubro polo que se crea a Comisión Coordinadora de axudas a establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial, e se regula a súa composición e funcións

    +
  • Orde do 5 de novembro de 1996 pola que se regula a autorización sanitaria dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Orde do 5 de novembro de 1996 pola que se regula a autorización sanitaria dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996 ...

    Decreto 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996 ...

    +
  • Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia

    Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia

    +
  • Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios

    Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios

    +

C. Ramón cabanillas,
15704, Santiago de Compostela.

+34 981 598 221

info@augadegalicia.com

Descarga nuestra App

App Android App iPhone